ConcellosÚltima hora

Charla sobre “Vacacións en Paz 2017” esta tarde no Barco de Valdeorras

O edificio Multiusos acollerá ás 18h. unha reunión informativa sobre o programa de acollida a nenos saharauis
Cartel da reunión informativa.

Esta tarde a partires das 18h. o salón de actos do edificio Multiusos do Barco de Valdeorras acollerá unha reunión informativa sobre “Vacacións en Paz 2017”, organizado dende o departamento de Servizos Sociais.

Trátase dun procecto de acollida temporal de cativos saharauis durante os meses de xullo e agosto, que en Galicia desenvolve  Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS). Tal como explican dende o colectivo, grazas a este programa “os menores poden escapar das altas temperaturas do verán nos campamentos de refuxiados e someterse a diversos exames médicos, inalcanzables na vida diaria que están obrigados a vivir en Tindouf”. Ademais, este programa posúe un gran valor cultural tanto para os nenos saharauis como para os españois así como as familias acolledoras.

Artigos relacionados

Back to top button