EconomíaEconomíaMicoloxíaÚltima hora

Chega a I Feira de Outono a Verín

O seu recinto feiral, aberto ao público os días 14 e 15 de novembro, reunirá 21 stands de gastronomía e artesanía
A concelleira de Turismo de Verín, Purificación Caldelas, co cartaz desta mostra.
A concelleira de Turismo de Verín, Purificación Caldelas, co cartaz desta mostra.

Do 14 ao 15 de novembro a praza Maior de Verín acollerá a I Feira de Outono, cun total de 21 postos con produtos gastronómicos e artesanía. O programa inclúe asemade unha variada gama de actividades como un magosto tradicional (o sábado 14), amenizado cunha foliada por parte do grupo Candaira, diversas charlas formativas, un showcooking infantil ou manualidades de outono para os cativos.

A través da organización deste certame búscase dinamizar a economía local e amosar a oferta de produtos tradicionais propios destas datas. “Con este tipo de ventos queremos apoiar á xente que aposta polo rural. Coas xornadas de charlas formativas preténdese visualizar o potencial dos produtos da nosa terra”, explica a concelleira da área de Turismo, Purificación Caldelas.

O programa de conferencias tocará na tarde do 14 de novembro temas como “As abellas e a súa influencia sobre o medio ambiente” da man de Nestor Ogando e “O Castiñeiro: cultura, manexo e defensa contra pragas e doenzas” con Miguel Losada e Rafael Castro. E na tarde do domingo terá lugar unha xornada de micoloxía con saída, impartida por Rafael Castro.

Ademais no remate da feira sortearase unha cesta de produtos variados cedida polos comerciantes dos postos participantes.

Artigos relacionados

Back to top button