SanidadeÚltima hora

Chegan á área sanitaria ourensá 650 doses da vacina contra o Covid de Moderna

 

Continúa a vacinación contra o Covid-19 do persoal sanitario galego. A principal novidade agora é que comezaa empregarse maioritariamente a vacina de Moderna, tal e como informa a Consellería de Sanidade.

Así, foron enviadas 500 doses desta vacina ás áreas de Santiago, 650 a de Ourense, Verín e O Barco e 600 á de Vigo. Supón poucas diferenzas con respecto á vacina de Pfizer, salvo o frío que requiren na súa conservación e que a segunda dose é aos 28 días, fronte aos 21 días da de Pfizer 21.

“A diferenza fundamental entre a vacina de Moderna e a de Pfizer é que nas condicións de conservación é un pouquiño máis fácil a nivel loxístico conservala porque as condicións de temperatura, de frío, non son tan esixentes como para a vacina de Pfizer. E despois, de cara ao usuario, as dúas doses teñen unha separación de 28 días, en lugar dos 21 días que era a separación mínima no caso de Pfizer”, explica a doutora María Sande, xefa do servizo de Medicina Preventiva da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

 

María Sande, xefa do servizo de Medicina Preventiva.

 

As características das vacinas son similares en canto a contraindicacións, que son, basicamente, “alerxia a algún compoñente da vacina e, en canto a efectos secundarios, están sendo poucos e moi similares aos de calquera vacina como a da gripe: dor local, certo malestar, en poucos casos algo de febre, cansanzo e nada máis”, engade a doutora Sande.

Ademais Sande destaca a importancia de toda a organización do que é a administración das doses, o rexistro das mesmas e a previsión da segunda dose, que cada persoa que recibiu unha das vacinas ten que recibir unha segunda dose desa mesma vacina que recibía nun principio. Iso implica uns labores de rexistro efectivo, de organización e previsión do que vai ser a campaña da segunda dose”.

Artigos relacionados

Back to top button