CulturaCulturaÚltima hora

O chocallo do Cigarrón, no cartel da II edición do Festival Internacional de Curtas de Verín

O deseño do navarro Iñaki Fernández Iturmendi foi elixido entre os 25 presentados ao concurso
Iñaki Fernández Iturmendi co caertel ilustrador do II FIC-Vía XIV de Verín.

O Festival Internacional de Curtas de Verín segue avanzando datos da segunda edición que se celebrará do 1 ao 10 de decembro, desta volta coa presentación do cartel ilustrador.

O xurado do concurso convocado para escoller a imaxe gráfica do certame elixiu, de entre as 25 propostas que se presentaron, a do navarro Iñaki Fernández Iturmendi. Trátase dun cartaz que amosa, na parte central da imaxe, un chocallo humanizado e ataviado coas lentes que se empregan para ver cinema en 3D e que, en lugar de soga, é atravesado polo negativo dun filme.

En opinión de Jorge Godás, director de Creatividade do FIC, “a orixinal idea gráfica de Fernández Iturmendi mestura tradición con modernidade e evoca, ademais, un dos elementos máis significativos do Entroido verinés como é a choca do cigarrón”. Godás destaca ademais “o altísimo nivel dos traballos presentados a esta segunda edición do concurso”.

Pola súa banda, o autor do cartel ilustrador, que leva gañado máis de 400 premios de deseño gráfico de diversos eventos desde o ano 1998, asegura que sempre que se presenta a un concurso deste tipo tenta documentarse o máximo posible sobre o contexto xeográfico e os elementos idiosincráticos da zona na que éste se xera. “No caso de Verín, o do chocallo é un son típico que lembra e esperta o Entroido e por iso quixen facer un símil gráfico con esta imaxe e dotala dunha nova mirada, para que sirva como chamada ao Festival de Curtas”, indica.

 

Artigos relacionados

Back to top button