ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Chocolate con churros para despedir a tarde de Reis en Quiroga

Despois da Cabalgata e a recepción no Auditorio, celebrábase unha festa infantil no Albergue Municipal

 

En torno ás seis da tarde do 5 de xaneiro os Reis Magos chegaban ao Concello de Quiroga, a primeira parada da visita real a esta localidade lucense. De seguido, trasladábanse á Residencia da 3ª Idade para visitar aos maiores alí residentes e entregarlles agasallos traídos de Oriente.

E xa en torno ás 19:30 h, os Reis subían as súas engalanadas carrozas sitas na rúa Quiroga de Arxentina para, acompañados polos paxes, percorrer a rúa Real ata o Auditorio Municipal, onde eran recibidos polas autoridades locais. Alí nenos e nenas tiveron ocasión de saudar ás Súas Maxestades e aproveitar para lembrarlles cales foron as súas peticións para esa noite.

Como remate da xornada, tiña lugar unha festa infantil no Albergue Municipal, na que os nenos e nenas foron convidados a un chocolate con churros.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button