En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Cholo e Nela engaiolan Viloira

A XIX Convivencia de Educación Infantil reuníu a uns 400 cativos no CEIP Ramón Otero Pedrayo do Barco

As instalacións do CEIP Ramón Otero Pedrayo como centro neurálxico, pero tamén os xardíns da Casa Grande e mesmo a praza. Tres foron os espazos nos que se desenvolveu a XIX Convivencia de Educación Infantil que este ano tivo lugar, por primeira vez, en Viloira (O Barco de Valdeorras).

Ata alí desprazábanse na mañá do 19 de maio, en torno aos 400 cativos de entre 3 e 6 anos dos centros de Educación Infantil e Primaria da comarca de Valdeorras e doutros puntos como A Pobra de Trives ou Manzanedaa, para disfrutar dunha xornada lúdico-educativa centrada no mundo mariño.

Co lema “Cholo e Nela baixo un arrecife de coral”, a pinga de auga e o globo de cores (mascotas da convivencia), foron os protagonistas dunha xornada de diversión con todo tipo de xogos e obradoiros centrados no fondo do mar: dende pescar ata buscar obxectos mariños ou incluso recoller restos para manter o fondo limpo,… Facer figuras de plantilina, pintar, recurtar,… Tamén houbo brincadeiros e como non a presenza das forzas de seguridade e salvamento (Garda Civil, Bombeiros, Protección Civil,…).

E tras varias horas de intensa actividade (coa colaboración duns trescientos adultos e o destacado labor da organización) nunha soleada xornada, Cholo e Nela despedíanse da man do cantautor rues Magín Blanco, ata o vindeiro ano no que celebrarán o XX aniversario.

Fotos: Mónica G. Bellver.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button