CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Cholo e Nela presentarán o seu novo disco “Camiños de ida e volta” o 14 de marzo no Barco

Será no Teatro Lauro Olmo ás 12 horas

Portada do disco de Cholo e Nela “Camiños de ida e volta”.

 

Despois duns anos de espera Cholo e Nela teñen xa o seu novo disco “Camiños de ida e volta” que presentarán o vindeiro xoves 14 de marzo ás 12 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

Tal como explicam dende a organización, o disco conta con 6 novas cancións para a Convivencia de Educación Infantil deste ano que teñen o fío condutor o Camiño de Santiago, “tema no que levamos traballando xa desde os anos da pandemia nos que se suspendeu a Convivencia”, contan.

Ao acto asistirán os mesmísimos Cholo e Nela así com diversos membros da organización e produción do disco, da Concellería de Cultura do Barco e Equipos de Dinamización da Lingua Galega da Xunta (Sección Ourense).

E como público estarán os nenos de Infantil dos colexios Julio Gurriarán, Condesa de Fenosa e Otero Pedrayo do Barco, Pablo VI-Fátima da Rúa, Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives e o CEIP de Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button