OurenseÚltima hora

Choque frontal en Castrelo de Miño

 

Na tarde do pasado sábado, arredor das 20:30h., producíase un choque frontal en Castrelo de Miño, na OU-405. “Se ben houbo dúas persoas feridas de carácter leve, os danos materiais foron cuantiosos, segundo explicaron os membros do GES de Ribadavia”, segundo informa o 112 Galicia.

Neste operativo tamén participaron os voluntarios de Protección Civil, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico, citando novamente a información feita pública polo 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button