DeportesÚltima hora

Christian Prieto, do CB Froxais (Viana), revalida o título de campión de España xuvenil de Bolo Celta

O xove vianés venceu en Tineo (Asturias) na modalidade individual e foi segundo por parellas

Christian Prieto co trofeo de campión de España. /Foto cedida.

 

O municipio de Viana do Bolo é un dos poucos da provincia de Ourense que mantén a tradición do xogo de bolos, con varios clubs que seguen participando en campionatos, como son o de Punxeiro ou o de Froxais, entre outros. E precisamente deste último, do CB Froxais forma parte o mozo Christian Prieto Afonso que vén de revalidar o título de campión de España xuvenil de Bolo Celta.

O campionato de España, tanto individual como por parellas, celebrábase os días 19 e 20 de setembro na localidade de Tineo (Asturias) con todas as medidas sanitarias esixidas e cun bo nivel por parte dos xoves participantes que demostraron que o futuro da modalidade está asegurado.

 

Christian Prieto e Iván Bueno, subcampións por parellas. /Foto cedida.

 

Christian vencía na modalidade individual, revalidando o título de campión de España que xa ganara o ano pasado, e ao día seguinte era segundo na de parellas, levando o título de subcampión xunto a Iván Bueno (Club Horizonte de Asturias).

Para os amantes dos bolos de Froxais o desexo e tamén que non se perda a tradición e para iso é necesario que haxa relevo xeracional, que “os nenos se animen a probar e participar” asegura o primo de Christian, Dani, orgulloso do resultado do seu primo que pudo seguir por YouTube xa que este ano a Asociación Bolo Celta de Asturias, retransmitiu os encontros en directo. “Estamos moi orgullosos”, asegura.

 

Todos os participantes no Campionato de España de Bolo Celta celebrado en Tineo (Asturias). /Foto cedida.

 

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button