DeportesÚltima hora

Chuvia de medallas para as Escolas Deportivas de Trives no provincial de atletismo

Lograban ata 17 metais nesta competición celebrada esta mañá en Pereiro de Aguiar

 

“Hoxe é un día para non esquecer”, destacaba o adestrador das Escolas Deportivas de Trives, Tino Sierra, tras rematar a competición de Xogade-Campionato Provincial benxamín e alevín, esta mañá no complexo deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar). Nesta cita os atletas triveses, que vestían novamente a camiseta do Club Adas Cupa do Barco, colleitaban ata 17 metais nas diferentes disciplinas: 6 de ouro, 9 de prata e 2 de bronce.

Así, José Hervella lograba ata tres medallas, ouro en 1.000, en 60 e prata en 60×40 Sub12; Tomás Rey facíase co ouro nos 2.000 m Sub12; mentres que Iago García ganaba en 1.000 Sub10 e Iztiar Cid proclamábase campioa en 1000 Sub10 e colleitaba a prata en altura; ademais Martín Rodríguez era prata en peso Sub12, Aitana Pérez prata en triatlón Sub12, Aleks Simeneov bronce en triatlón Sub12, Nicolás Eduard, ouro en peso e prata en pelota Sub10, Ana Basalo prata en triatlón Sub10, Nicolás Conde prata en triatlón Sub10, Alejandra Prieto bronce en lonxitude Sub10 e Itziar Pérez prata en peso e en pelota Sub10.

Ademais o adestrador das Escolas Deportivas de Trives mencionaba a Antón Prieto, Inés Fernández, Deva Posada, Martín Simeonov, Efrén Hervella, Mateo Hervella e Unai Castro, “desta vez non puido ser! Pero quero destacar o seu esforzo e espírito de loita, sodes tod@s fantásticos e un orgullo para o noso pobo”.

Finalmente Tino Sierra agradecía o apoio e colaboracións dos pais e mais dos atletas “por tanta paciencia e sufrimento, grazas tamén ao Concello de Trives e por supuesto o Club Adas e ao Periódico O Sil por sempre estar con nós e co deporte”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button