A Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada retoma o seu popular Ciclo de Cinema en Versión Orixinal en colaboración cos cinemas La Dehesa de Ponferrada.
Neste ciclo, que terá lugar entre o 14 de novembro e o 1 de decembro de 2022, proxectaranse un total de nove películas en versión orixinal nas seis linguas que se imparten na escola (alemán, francés, italiano, inglés, galego e portugués), todas elas con subtítulos en español.
O prezo do bono para ver todas as películas é de 10 euros e poderase adquirir na Escola de Idiomas do 7 ao 11 de novembro; e a partir do 14 de novembro nos propios cinemas, onde ademais venderanse entradas individuais. Esta actividade está aberta a todo o mundo.