“Symposium Aquae: Cidades Termais no Império Romano”. Baixo este título estase a desenvolver do 16 ao 18 de outubro na cidade de Chaves (norte de Portugal) un encontro internacional no que participan diversos especialistas internacionais nesta temática. Así poderá escoitarse a relatores de España, Portugal, Italia, Alemaña, Turquia e Hungría.
Así a representación española correrá a cargo de Gonzalo Matilla, que pretende facer o estudo completo dos balnearios romanos na Península Ibérica, tamén como forma de contribuir para o mellor coñecemento do mundo romano, dada a importancia deste tipo de estrutura.
Estas xornadas sobre cidades termais aposta por analizar e afondar nos coñecementos sobre a importancia das termas medicinais na cultura romana, nomeadamente en termos arquitectónicos, medicinais, relixiosos, administrativos e de exploración do território, segundo avanza dende a organización o Concello de Chaves.
O obxectivo é asemade potenciar o coñecemento científico e a valorización do património, así como lanzar, no final do encontro, as bases dunha rede de cooperación das diferentes cidades termais romanas, “rede eque se pretende candidatar a Patrimonio Mundial”, segundo a autarquía flaviense.
Este simposio ten como base a descuberta no 2006 das termas romanas de Chaves durante a realización dunhas obras. “O balneario romano da cidade de Chaves é incomparable en monumentalidade, expolio e estado de conservación, relativamente a outros balnearios romanos de tipo terapéutico, existentes em territorio nacional e mesmo a nivel internacional”, indicaba o presidente da Cámara Municipal de Chaves, António Cabeleira, ao explicar os motivos que levaron á organización do simposio: “acreditamos que este evento proxectará internacionalmente, entre a comunidade científica e o público en xeral, o importante Balneário Termal Romano de Chaves”.