ConcellosEn portadaÚltima hora

O fume dos incendios de Portugal chega a Valdeorras

 

O efecto dos incendios que dende hai días están a arrasar boa parte do Norte de Portugal, chegou xa a Valeorras.

Dende MeteoGalicia informaban onte que o anticiclón achegaba fume dende o país luso ata o sur e oeste de Galicia, prevéndose que “a concentración de fume vaia a menos pola tarde e que se volva a intensificar durante a próxima madrugada”, e así era.

Aínda que pola tarde foise retirando dalgúns puntos, segundo os prognósticos do #CopernicusAtmosphere o fume podería estenderse hoxe a máis puntos como Valdeorras, que na mañá deste xoves 19 de setembro  amencía con boa parte do ceo cuberto polo fume.

Fotos: O SIL e cedida.

Artigos relacionados

Back to top button