DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Cinco primeiros postos para o Salvour na liga galega de Salvamento e Socorrismo

A segunda xornada da competición tiña lugar na praia Silgar de Sanxenxo o sábado, 6 de maio

Ao longo do sábado 6 de maio e co mar un pouco picado, desenvolvíase na praia Silgar de Sanxenxo a segunda xornada da liga galega de Salvamento e Socorrismo deportivo en augas abertas. Unha competición que contou con 20 deportistas do club Salvour, tres dos cales lograron o primeiro posto nas probas realizadas.

Tal como explican dende o propio club ourensán, pola mañá competiron os maiores. Na categoría absoluta, Ángela Dopereiro conseguíu o 11º posto en Nadar Surf e o 5º en Sprint Praia; Mara Vélez o 2º en Nadar Surf; e Alejandro Lorenzo entrou en semifinais. Na categoría júnior, Andrea Bello foi a 1ª tanto en Nadar Surf como en Sprint Praia e compartiu coa súa compañeira Mara Vélez o 4º posto en Relevo Absoluto (Rescate con Táboa). E con respecto á categoría máster, Silvia Fernández foi a 1º en Nadar Surf (-45) e Cristina García Colomo en (+45), conseguindo ademais o 3º posto en Sprint Praia. Ámbalas dúas compartiron o 2º en Relevo Máster de Rescate con Táboa de Salvamento.

Pola tarde tocoulle o turno aos máis pequenos. En alevín, Daniel Araújo pelexou por meterse nas finais. Na categoría cadete, Eva Feijóo quedou 1ª en Nadar Surf e 4ª en Carreira con Táboa de Salvamento; Daniela Tesouro foi finalista en Carreira con Táboa; Nerea Rodríguez loitou por entrar en finais; e Aldara Estévez que conseguíu o 4º posto en ambas probas, nas que Martín Merinov loitou por meterse en finais; Roi Naranjo obtivo o posto 15º en Nadar Surf e o 9º en Carreira con Táboa; Ignacio Delgado o posto 17º en Nadar Surf; e Eva Feijóo e Aldara Estevez consiguiron o 2º posto no relevo de Rescate con Táboa.

Fotos: Salvour

Artigos relacionados

Back to top button