Entre as propostas das que poden desfrutar os nenos que participan no campamento de verán do Concello de Carballeda de Valdeorras figura tamén o cine. Así, para o vindeiro 13 de xullo ás 22:30h. está prevista a proxección do filme “The super Mario Bros movie” ao aire libre, nas piscinas municipais.
