CulturaCulturaÚltima hora

Cine galego e batucada feminina, nesta fin de semana en Parada de Sil

 

Continúa o “Verán cultural” de Parada de Sil, que se está a desenvolver co todas as medidas anticovid. Esta fin de semana o programa achega novas propostas. Así na noite deste venres 20 de agosto está prevista unha proxección de cine ao aire libre ás 22h. na Praza do Curtiñeiro. Poderá verse a comedia galega “Cuñados”, rodada na provincia de Ourense. O aforo será limitado e a entrada será por rigorosa orde de chegada.

Xa o sábado, 21 de agosto, a partir das 18h. a vila de Parada de Sil encherase de ritmo. A esa hora comezará un pasarrúas a cargo da batucada de mulleres Somdolilá. Trátase dunha agrupación musical que usa a “música como ferramenta de sororidade, alegría e loita”, tal e como elas mesmas din.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button