CulturaCulturaÚltima hora

Cinema e música na XXVII Semana Cultural de Vilanova (O Barco)

Organizada pola Asociación Cultural O Mosteiro, celebrarase os días 10 e 13 de agosto

Publicidade

 

A Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova conta xa as horas para celebrar a XXVII edición da súa Semana Cultural, que se desenvolverá entre os días 10 e 13 de agosto.

O programa comenzará o martes día 10 coa proxección do filme El Cuento de la Comadreja ás 22 horas nas pistas deportivas de Vilanova.

E para o venres día 13 está previsto un concerto a cargo do dúo Carta de Ajuste, formado por David Taboada e Iván Valdés, que animará aos asistentes con versións de cancións ben coñecidas aderezadas cuns toques de humor. A cita será ás 22 horas de novo nas pistas deportivas.

Esta edición da Semana Cultural de Vilanova conta coa colaboración do Concello do Barco, “a quen lle agradecemos a súa boa disposición”, aseguran dende O Mosteiro.

Artigos relacionados

Back to top button