A Casa da Fonte de Pardollán (Rubiá) acollerá o vindeiro 25 de xuño ás 22h. un concerto do grupo The Spoonfuls. Trátase dunha banda de blues e soul que nace da unión de varios músicos de distintas formacións galegas do xénero, coma a Bakin’ Blues Band ou The Fabulous Resaca Brothers.
O proxecto está formado por Javi Gradín á guitarra, harmónica e voz, Lucas Ferrández á batería, Fon Botana ao baixo, David “Tato” Vázquez á guitarra e Manu Gómez ao teclado.