CulturaCulturaÚltima hora

Cita co humor de Sergio Pazos en Trives o 13 de xullo

Este actor ourensán presentará ás 20:30h. no Auditorio Julio Vázquez o seu monólogo “Afiando con humor”
O actor ourensán Sergio Pazos, durante unha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nun “afiador 2.0” convertirase o vindeiro venres 13 de xullo o ourensán Sergio Pazos sobre o escenario do Auditorio Julio Vázquez de Trives. A partires das 20:30h. presentará na vila o seu monólogo “Afiando con humor”. Nel analizará a realidade e a actualidade próxima a Ourense, así como a de Galicia e de España a través da súa mirada irónica e retranqueira.

O artista aposta polo formato do monólogo para recuperar a figura do afiador, un dos oficios tradicionais de Ourense, e o “mellor contador de historias”. Esta actividade será organizada pola Concellería de Cultura de Trives, a través da Rede de Auditorios Provincial de Ourense (reaOU). As entradas estarán á venta no Auditorio unha hora antes de que dea comenzo a función. Teñen un prezo de 3€.

Ademais este espectáculo está incluído na programación de verán, coa que se pretende “fomentar as artes escénicas, música, … e achegar aos veciños e veciñas a posibilidade de desfrutar dunha oferta cultural variada, de calidade, accesible e para todos os públicos”, aseguran dende a Concellería de Cultura de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button