A RúaConcellosÚltima hora

Cita cos descontos e oportunidades no comercio da Rúa, o 9 de xuño

Ao longo da xornada do venres celebrarase nesta localidade valdeorresa a "VIII Descontos na Rúa"

Imaxe da pasada edición desta campaña./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Descontos e oportunidades en mercadoría e tempada ao longo dunha xornada na Rúa. Chega a oitava edición da Campaña de promoción de vendas “Decontos na Rúa”, que se celebrará mañá venres 9 de xuño, promovida pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA). Nesta iniciativa participarán cinco establecementos.

O seu obxectivo é premiar a fidelidade e ofertar un avance das rebaixas de verán. O seu programa desenvolverase ao longo de toda a xornada, é dicir, dende a apertura do comercio ata o seu peche, que nese día retrasarase ata as 22h.

“Nesta oitava edición buscamos a consolidación da actividade e a dinamización conxunta do espazo comercial e de ocio”, sinalan dende Aeva. Así, os establecementos comerciais participantes ofrecerán mercadoría de temporada a prezos rebaixados.

 

 

Os clientes que fagan compras durante a xornada do venres, deberán deixar o seu tícket de compra, no que poñerán o seu nome e teléfono de contacto, no propio establecemento, e cada un deles sorteará un vale de compra para cambiar na tenda que entregou o premio.

“Como novidade, nesta ocasión os comerciantes agasallan aos clientes con pulseiras luminosas, que se empregarán como distintivo da participación na noite de descontos. Tamén os establecementos animarán aos clientes para que compartan fotos e videos cos hashtags #descontosnarua #mercanarua #aevaarua, e para etiquetar nas súas redes sociais e nas de AEVA (@aeva_valdeorras)”, destacan dende a asociación.

Os establecementos que participan na campaña pertencen a distintos sectores: Arnaveca Comunicación (telefonía), Fíos e Confecciones Rosendo (téxtil), Deportes Aris (deportes), Mercería Raquel (mercería e complementos) e Modas Rosendo.

Artigos relacionados

Back to top button