ConcellosÚltima hora

Clase de primeiros auxilios en Verín

Cruz Vermella Monterrei realiza unha actividade de sensibilización dirixido aos escolares
Practicando a reanimación cardio -pulmonar cun boneco.
Practicando a reanimación cardio -pulmonar cun boneco.
O curso de primeiros auxilios celebrouse no pavillón de Verín.
O curso de primeiros auxilios celebrouse no pavillón de Verín.

O pavillón municipal de Verín acollía na mañá do 25 de setembro unha actividade de sensibilización sobre primeiros auxilios básicos e activación da emerxencia, nos que participaron alumnos dos centros educativos Amaro Refojo, Princesa de España e María Inmaculada.

A actividade formativa, organizada por Cruz Vermella Monterrei pretende que os participantes adquiran nocións básicas sobre a prevención de accidentes domésticos e actuacións de primeiros auxilios en caso de que ocurran.

Para iso, ademáis de realizar unha demostración da reanimación cardio-pulmonar (RCP), os cativos recibiron instruccións sobre como actuar ante as principais lesións que se producen no fogar: caídas, golpes contra obxectos, cortes, queimaduras, intoxicacións, corpos extraños e asfixia.

Na parte práctica, o alumnado tivo ocasión de realizar unha inmovilización nos bonecos de primeiros auxilios, aprender a cortar unha hemorraxia e a curar unha herida, entre outras cousas.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button