EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Clase maxistral de Champagne en Oleiros (A Coruña) con sorpresa literaria

Jordi Melendo, Luis Paadín e Alejandro Paadín.

 

Champagnes Grand Cru, Premieur Cru e Cru de 13 municipios foron os protagonistas da clase maxistral de Champagne celebrado en Oleiros (A Coruña).

O acto celebrado no Castelo de Santa Cruza, abríase cun conto de seis minutos e como recordo do evento a cada asistente entregáronlle un pequeno cofre cun anaquiño de creta de Grand Cru do chan calcáreo da champagne, unha placa de tapón de champagne e unha cortiza serigrafiada para a ocasión.

 

 

A cita organizada por Paadín Eventos & Jordi Melendo, foi un éxito de asistencia coas 30 prazas esgotadas inmediatamente, para un evento único que levou aos presentes a unha viaxe pola region de Champagne dunha maneira diferente, a través das 12+1 “Maisons e Vignerons” de Champagne: Lallier – Lanson – Louis Dousset – Philippe Gonet – Pierre Mignon – Remi Henry – Thiénot. Maridados con harmonías de bocados con Mexilón de Galicia en 6 elaboracións do Chef Miguel Mosteiro de GatroLab.

A máster class foi impartida por: Alejandro Paadín, que se encargou das subrexións Montagne de Reims – Vallée de la Marne – Côte des Blancs – Côte des Bar; Jordi Melendo, los Cépajes: Chardonnay – Pinot Noir – Pinot Maunier – Arbane – Petit Meslier e Pinot Blanc; e Luis Paadín, Mellésimes : 2018 – 2016 – 2014 – 2012 – 2011.

 

Artigos relacionados

Back to top button