Tralo obrigado parón pola pandemia, A Rúa recupera neste sábado 22 de xullo o Aberto Internacional de Xadrez ao libre.
Promovida coma sempre polo Club Xadrez Valdeorras o torneo desenvolverase en xornada de mañá e tarde, dirixido a nenos e adultos. Así pola mañá, entre as 11 e as 13 horas un grupo de afeccionados, a maioría cativos, participaban na sesión de “xadrez para todos” na céntrica rúa Doutor Vila, con partidos amigables entre os participantes e clases para os principantes a cargo de Iago Fraga Fraga.
Xa pola tarde, a partir das 16:30 horas comezará a competición que conta cunha trintena de inscritos. Haberá premios para os participantes nas diferentes caegorías, económicos e tamén clases maxistrais co xadrecista Iván Salgado, Gran Mestre Internacional (GMI). Ademais todos os participantes terán acceso gratuíto a un curso con Salgado.
Fotos: Mónica G. Bellver.
Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/o-iv-aberto-internacional-de-xadrez-ao-aire-libre-reune-a-30-xogadores-na-rua/