Tiña moitas posibilidades de vencer e ao final non defraudou. Na tarde deste sábado 22 de xullo o xadrecista Luis Marcos Medarde Santiago de Padrón, Mestre Fide, de Padrón (A Coruña), proclamábase vencedor do IV Aberto Internacional de Xadrez A Rúa ao aire, no seu regreso tralo parón da pandemia.
Tras unha animada e concorrida sesión de mañá, aberta para toda a poboación, con moita participación infantil, en torno ás catro e media comezaba a competición na rúa Doutor Vila que reunía a 30 xogadores de lugares tan dispares como A Rúa, O Barco, Córgomo, Ponferrada, Ourense (xente do Liceo e Académica As Burgas), Esgos e mesmo Suíza.
O campionato disputouse a seis rondas de quince minutos e o gañador foi Luis Marcos Medarde Santiago, seguido por Tristán Alonso Rodríguez, tamén de Padrón, e Hugo Rivero Rodríguez do club Ben-Cho-Shey.
A entrega de premios por categoría, contou coa presenza da alcaldesa da Rúa, María G. Albert.
Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/clases-para-principiantes-e-partidas-amigables-encetan-o-iv-aberto-internacional-de-xadrez-a-rua/
Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.