
As xornadas micolóxicas outono 2014 organizadas por O Galileo e A Maltería, no Barco de Valdeorras, clausurábanse na tarde-noite do 30 de outubro coa presentación no Galileo do libro “En el país de las setas” de Alejandro R. Mínguez González, e unha nova degustación centrada nas setas.
Con estas xornadas, os organizadores pretendían render homenaxe ao produto estrela do outono, aprendendo algo máis sobre o mundo das setas e tamén saboreándoas. Así, Mínguez González falou ante aos asistentes, sobre as “virtudes” das setas en moitos casos descoñecidas, desvelando curiosidades, anécdotas e datos de relevancia.
Estruturado en 42 capítulos, algúns máis técnicos e outros máis didacticos, o libro aborda diferentes aspectos e temas moi variados. Como por exemplo que as setas non son plantas nin tampouco animais e constitúen o seu propio reino, de feito o ser vivo máis grande do mundo é un fungo que ocupa mil hectáreas en Estados Unidos.

“En el país de las setas” tamén explica que malia que a data pricipal e de maior recolección é no outono, entre as primeiras chuvias e as primeiras xeadas, setas hainas todo o ano e cada unha ten o seu tempo de cocción e acompañamento gastronómico ideal. Como conservalas, apostando pola deshidratación como a mellor opción, e como disfrutar delas sabendo que “teñen pouca graxa, poucas calorías e moitas vitaminas” son outros datos que inclúe este manual, escrito para que “serva de excusa ou sexa a punta de lanza para que a xente se interese polo mundo da micoloxía” di Alejadro.

O apartado gastronómico da xornada, cubríase coa degustación de tres pinchos elaborados con setas: mouse de níscalos, lasaña de setas, champiñóns ao forno e fritura de setas.
Fotos: Mónica G. Bellver.