
Esta mañá tiña lugar a clausura do obradoiro de emprego DOC DIG I-O Barco, de documentación e dixitalización, que se viña desenvolvendo no Barco de hai varios meses. Contaba con tres docentes e nel formábanse 13 alumnos menores de 30 anos inscritos no ficheiro de garantía xuvenil.
Tal e como se adianta dende o Concello do Barco, a “idea é continuar cun novo obradoiro no futuro, do mesmo tipo, co fin de rematar o traballo de dixitalización documental iniciado con este obradoiro”.
