Cunha espectacular proba no mapa da Torre de Hércules (A Coruña) do campionato galego de relevos, remataba o 9 de decembro a tempada 2017 de orientación a pé. Unha proba na que o Club Peña Trevinca Barco lograba subir a dous dos seus equipos ao alto do podio.
En categoría infantil o equipo formado por Gabriel Vázquez Martínez, Esther Agudo Calvelo e Iago Trigo Vázquez, lograban un meritorio segundo posto e en xuvenil Milagros Aller Pfirter, Eros Álvarez Dacosta e Raul Nogueira Gómez, lograban o terceiro.
Tamén na clasificación xeral do campionato galego de orientación a pé o Peña Trevinca O Barco subía en numerosas ocasións ao podio nas diferentes categorías, especialmente nas de formación, demostrando que “o traballo ben feito e prolongado no tempo acaba dando os seus froitos”, aseguran satisfeitos dende O Barco. Esther Agudo Calvelo foi segunda en F14; Cristina Neta Pérez terceira en F14; Alba Osorio Míguez segunda en F1; Juan Pablo Agudo Calvelo terceiro en M12; e Lisardo Vázquez Fernández segundo en M21B. Ademais o equipo xuvenil recibiu o premio de campión da tempada.
A nova tempada 2018 comezará a principios de febreiro coa pruoba organizada polo Club Peña Trevinca O Barco en Parada de Sil.