Numerosas persoas asistían no mediodía do Domingo de Pascua á procesión do Encontro no Barco. Ía encabezada polas imaxes da Virxe e de Cristo resucitado que partían á vez dende a igrexa de San Mauro, sen embargo, seguían traxectos diferentes. A figura da Virxe, acompañada polas mulleres, baixaba pola rúa de San Mauro, mentres que a de Cristo era levada polos homes e pasaba polas rúas Eloi Mira, Marcelino Suárez, Álvaro Cunqueiro e Pérez Lista ata chegar ao Porto da Barca.
Nese punto emblemático do casco antigo barquense tiña lugar o encontro. A Virxe mudaba o seu manto de loito por un branco, e as dúas figuras continuaban xuntas ata a igrexa de Santa Rita, onde se celebraba a misa de Resurrección. Este acto poñía fin ao programa de cultos da Semana Santa no Barco.
Fotos: Carlos G. Hervella