ConcellosEn Portada EntroidoGalerías de fotosÚltima hora

Colorido desfile de comparsas no Entroido de Vilamartín de Valdeorras

 

Comparsas de Vilamartín, do Barco, da Rúa ou de Rubiá. De labregos, de personaxes de Disney, de animais en perigo de extinción, de comecocos, da amapoulas, de Alicia no País das Marabillas, de andaluces,…

Moi animado e colorido foi o desfile de comparsas co que o Concello de Vilamartín pon o broche á celebración do Entroido. A festa comezaba en torno ás seis da tarde deste sábado 22 de febreiro dende A Rodeleira, percorrendo a vila a praza José Núñez onde remataba o acto cunha merenda e música para todos os asistentes.

Aínda que chegou máis tarde, á cita tampouco faltou o Folión Os Viticultores.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button