CulturaCulturaEntroido 2024Última horaVídeos

Colorido e divertido desfile de comparsas en Quiroga

 

Diversas e orixinais eran as temáticas escollidas polas comparsas e disfraces que na tarde deste domingo 11 de febreiro paseaban pola vila de Quiroga, acompañadas pola charanga Caliqueños, nun desfile que saía dende a rúa Piscinas e, tras dirixirse cara a rúa Real, remataba fronte ao Concello.

 

 

En total participaban oito comparsas, superando en conxunto os duascentos participantes no desfile. Ao remate do desfile, o Concello de Quiroga tiña programado un baile de disfraces e unha gran chocolatada para todos os asistentes.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button