CulturaCulturaÚltima hora

Comedia sobre o cambio de ano, este venres no Teatro Lauro Olmo do Barco

Olivas Negras presenta a partir das 21h. o seu espectáculo "12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva"

 

A nova compañía Olivas Negras presentará este venres 3 de decembro sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco o espectáculo “12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva”. Trátase dunha comedia sobre o cambio de ano escrita e dirixida por Marián Bañobre e interpretada por Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez.

“Unha das premisas das que parte este espectáculo e outros que están por vir, é facer rir e entreter; algo no que as dúas actrices (tamén productoras, distribuidoras e fundadoras da compañía) acumulan unha grande experiencia. Queremos que o público veña ao teatro a disfrutar, socializar e rir mentres desconecta das súas rutinas”, din dende a compañía, pero tamén matizan que tamén é unha “historia de autosuperación e empoderamento feminino”.

 

Artigos relacionados

Back to top button