Na xornada deste venres 16 de outubro recala na capital da comarca de Valdeorras a campaña “Comercio COM-PENSA”, impulsada pola Xunta de Galicia e Comercio Galego.
Xunto á locomotora de castañas asadas do CCA O Barco, na praza do Concello do Barco, hai unha carpa informativa para fomentar as compras no comercio de proximidade e a sostibilidade apelando a un consumo máis responsable, sostible e respectuoso coa contorna.

No marco dos obxectivos de Compensa, o Goberno galego insta así a apostar polo comercio local, a consumir de forma máis consciente e a alongar a vida útil dos artigos que mercamos. Tamén a reducir envases innecesarios e a empregar bolsas reutilizables e, nese senso, todas as persoas que se acheguen ao punto informativo instalado na praza cun tícket de compra dos destablecementos asociados realizadas hoxe reciben como obsequio unha bolsa de tea coa imaxe da campaña.
A primeira hora contábase coa presenza do director xeral de Comecio Gabriel Alén; do alcalde do Barco, Aurentino Alonso; e de membros do CCA O Barco, entre eles o presidente, Jacobo Arias.

Fotos: O SIL.