ConcellosManzanedaÚltima hora

Comeza a novena da Cofradía de Ánimas de Raigada (Manzaneda), con máis de 2 séculos de tradición

 

Son máis de dous séculos de traxectoria os que ten a Cofradía de Ánimas de Raigada (Manzaneda), en concreto uns 260 anos. “A tradición vén de moi atrás do século XIX, viña moita xente e eu lembro de pequeno ver entre 15 e 18 sacerdotes nela”, asegura José María, veciño de Raigada e membro da confraría. E non só participaba nesta novena a veciñanza de Raigada, senón tamén doutras localidades próximas tanto do concello de Manzaneda como doutros lindantes como é o caso de Vilariño de Conso.

 

 

Ademais explica que antano esta novena acostumaba iniciarse o 5 de xaneiro, unha data moi ligada ao Nadal, e remataba o día 14. “Coa chegada da pandemia interrompéuse esta celebración, pero coa chegada do Padre Carlos á parroquia decidimos recuperala”, continúa José María. A novena das “benditas ánimas do Purgatorio” comezaba onte, 12 de xaneiro, coa asistencia da veciñanza e oficiada polo Padre Carlos.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button