ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Comeza a novena do Cristo nunha engalanada igrexa de San Mauro, no Barco

 

Na xornada deste 5 de setembro comezaba a novena do Cristo, no Barco de Valdeorras. E facíao nunha abarrotada igrexa de San Mauro engalanada para a ocasión, con fermosos estandartes nas columnas, os retablos relucintes e coloridos centros de flores.

 

 

O novenario prolongará ata o día 13 de setembro, en horario de 9 e 20 horas, e entre medias terá lugar os cultos especiais. Este domingo día 8 de setembro celebrarase a pisa e ofrenda do primeiro mosto da colleita 2024 a Santa Rita e ao Cristo. Unha homenaxe ao viño que se celebrará ás 12:30 horas no interior da igrexa de Santa Rita. Ese mesmo día farase tamén ofrenda á Santa da nova equipación do CD Barco. O venres 13 de setembro, último día da novena, ao rematar a misa (20:45 horas) farase igual que o ano pasado a “Ronda ao Nazareno” a cargo do coro de San Mauro.

 

 

E xa o sábado 14 de setembro, Día do Cristo, celebrarase coma sempre unha eucaristía cada hora (8, 9, 10 e 11 horas). Ás 11:30 horas terá lugar a concentración na praza de San Mauro de cruces e estandartes de toda a Unidade Pastoral do Barco e de seguido a Virxe do Camiño, imaxe convitada este ano, abriá a procesión que levará ao Nazareno por boa parte do pobo ata a praza Maior, onde se celebrará a misa solemne ao aire libre, concelebrada por todos os sacerdotes da Unidade Pastoral e presidida polo reverendo José Antonio Prieto Flórez, director do Colexio Diocesano San Ignacio de Ponferrada.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button