En portadaÚltima hora

Comeza a novena na honra a Xesús Nazareno, no Barco

Este ano os cultos serán retransmitidos polo perfil de Facebook do novo sacerdote, Julio Álvarez Álvarez

Publicidade
Imaxe do Nazareno do Barco. /Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Con varias novidades se presenta este ano a programación relixiosa do Cristo no Barco de Valdeorras que arrancan hoxe co inicio da novena. A primeira, a ausencia de procesións, condición marcada polas restricións a causa da pandemia de coronavirus, que xa se sufría o ano pasado. A segunda, que serán as primeiras festas patronais para o novo párroco Jesús Álvarez Álvarez. E a terceira, que todos os actos serán retransmitidos a través do perfil de Facebook do propio párroco. “A idea é que todo aquel que non poida asistir, tanto á novena como ás misas poida seguilas a través de Internet”, explica o sacerdote que tras anos oficiando en Cacabelos, en breve instalarase no Barco para levar as parroquias de Santa Rita, San Mauro, O Castro e Outarelo, substituíndo a Tomás Rodríguez Carbajo que vén de xubilarse tras case 30 anos na vila barquense.

Así, malia as limitacións de aforo e as medidas que se deben cumprir, este ano a idea é recuperar os cultos de antes da pandemia, a excepción da multitudinaria procesión do día 14 que non se celebrará. Así, este domingo 5 de setembro comeza o novenario que se prolongará ata o día 13 de setembro. Tanto hoxe como o 12, por ser domingo, o horario será ás doce e media en Santa Rita misa e novena; e ás oito misa en San Mauro, templo no que durante todos os días da novena haberá confesións e comunións aos enfermos.

O resto da semana, en horario de mañá, ás nove e de tarde, ás oito, celebrarase na igrexa de San Mauro a santa misa e a novena na que predicarán o propio párroco Jesús Álvarez e os sacerdotes do Arciprestazgo.

A programación completa, no monográfico do Cristo en papel, do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button