ConcellosO BarcoÚltima hora

Comeza a novena na honra ao Cristo, no Barco

Toda a información relixiosa da festas, no Especial Cristo do Periódico O Sil

Novena na honra ao Cristo, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Seguindo o mesmo esquema do ano pasado se desenvolverá neste 2023 o programa relixioso das Festas do Cristo no Barco. Uns festexos que comezan hoxe, martes día 5 de setembro co novenario que se prolongará ata o día 13. En horario de mañá, ás nove, e de tarde, ás oito, celebrarase na igrexa de San Mauro a santa misa e a novena.

Entre medias, para o domingo día 10 de setembro está prevista a pisada e ofrenda do primeiro mosto da colleita 2023 ao Cristo e á Santa Rita. Unha homenaxe ao viño que se celebrará ás 12 horas no adro da igrexa de Santa Rita coa adega de Godeval (Xagoaza), como convidada. Ademais, o mércores 13 de setembro ás 20:45 horas, farase a “Ronda ao Nazareno” a cargo do grupo A Media Luz.

E tralo novenario chegará o Día do Cristo. O xoves, celebrarase coma sempre unha eucaristía cada hora dende as oito da mañá ata chegar ás 12h. Nese momento terá lugar na praza de San Mauro unha concentración de cruces e estandartes de toda a Unidade Pastoral e, de seguido, será o Pai Eterno de Lardeira, imaxe convidada este ano da Unidade Pastoral, a que abra a procesión que levará ao Nazareno por boa parte do pobo, acompañada tamén pola corporación municipal, os membros da confraría, a banda de música, as Calantornias e os Cabezudos. Trala procesión celebrarase na praza Maior a misa solemne, concelebrada por todos os sacerdotes da Unidade Pastoral e presidida polo Bispo de Astorga.

Toda a información relixiosa da festas, no Especial Cristo do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button