SanidadeÚltima hora

Comeza na provincia a ‘repesca’ da 3ª dose da vacina contra o Covid para uns 1.500 ourensáns

A vacinación continúa aberta, e con acceso libre ou cita previa, nos tres hospitais públicos de Ourense.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras comeza esta semana a “repesca” das persoas que estaban citadas para poñer a terceira dose da vacina, na primeira semana de xaneiro, data na que comezou a última gran suba de casos Covid, polo que moitas delas non poideron acudir a súa cita por estar contaxiados. Agora, cumprido o prazo de cinco meses que se recomenda, 1.500 están chamados estes días a recuperala.

Son na súa maioría adultos maiores de 18 anos, e abundan as persoas de 40 a 49 anos, xa que aínda que, neses primeiros días de 2022, foron moitos os nenos e nenas convocadas, e tamén contaxiadas, no caso infantil o período de espera para poñer a vacina é de oito semanas, polo que todos os daquela onda xa completaron a súa pauta vacinal.

O 7 de xaneiro eran 7.806 os ourensáns con Covid, que ascendou rapidamente ata ao seu pico este ano, 9.615 contaxios o día 11, subindo en días posteriores os ingresos na UCI e nas plantas dos tres hospitais. Hoxe son 1.138 os casos activos e 55 persoas permanecen hospitalizadas, dúas delas en coidados intensivos, despois de meses con máis dun centenar de ingresos Covid.

A vacinación continúa aberta

A data de hoxe son 275.796 as persoas vacinadas con pauta completa na nosa provincia, a maioría, o 82%, coa terceira dose adicional, 226.081 persoas. Tan só 2.803 persoas restan por completar a súa pauta, gran parte delas recibiron recentemente a súa primeira dose, xa que a vacinación continúa aberta, e con acceso libre ou cita previa, nos tres hospitais públicos de Ourense. No Hospital Universitario de Ourense de luns a venres en horario de 9 a 14 horas, accedendo polo novo edificio de hospitalización, pola rúa Cruceiro Quebrado, e nos hospitais públicos de Verín e Valdeorras os luns e mércores neste mesmo horario.

Os venres están reservados para a vacinación infantil, maioritariamente dos cativos que van sendo citados en canto cumplen os cinco anos. Sempre con cita previa e en horario de máña nos dous comarcais e de 15:30 a 20:30 horas no de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button