ConcellosEn portadaÚltima horaVilariño de Conso

Comeza o percorrido dos Reis polas aldeas de Vilariño de Conso

Recepción dos Reis no Concello de Vilariño antes de iniciar o percoriro polas aldeas./ Cedida.

 

Os Reis Magos erguíanse moi cediños neste 5 de xaneiro para poder visitar, xa dende primeira hora da mañá, as aldeas do municipio de Vilariño de Conso. Ás 10:30h. chegaban á vila de Vilariño onde eran recibidos pola alcaldesa. Melisa Macía.

Despois dixiríanse a Pradoalbar para saudar a nenos e maiores e agasallalos con caramelos, logo continuarán por Entrecinsa, Sabuguido, Soutogrande e voltarán a Vilariño para, a partir das 16:30h. dirixirse á  Veiguiña, Conso, Mormentelos e, finalmente, a Castiñeira.

Artigos relacionados

Back to top button