En portadaÚltima hora

Comeza o reconto

Tras o peche das mesas electorais ás oito da tarde iniciábase o proceso de reconto dos sufraxios emitidos

Ás oito desta tarde de 26 de maio pechaban as súas portas os colexios electorais. A partir de aí dábase paso ao proceso de reconto dos votos emitidos, comezando polos sobres azuis, é dicir, os das eleccións europeas. Despois era o turno das papeletas brancas dos comicios locais.

Estímase que non será ata as nove da noite cando empecen a coñecerse os primeiros resultados desta xornada electoral que determinará a composición das próximas corporacións dos 92 concellos da provincia de Ourense.

Máis fotos:
https://osil.info/o-reconto-electoral-en-trives-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button