ConcellosO BarcoÚltima hora

Comezan a saborearse as castañas do Magosto Obarcoberto

Esta campaña, que se desenvolve na praza do Concello do Barco, continuará esta tarde con intercambio de cornetes de castañas por tíckets de compra, e na mañá do sábado 21 de outubro

 

Numerosas persoas achegábanse nesta mañá de 20 de outubro ata a praza do Concello do Barco para sumarse á celebración do Magosto Obarcoaberto, unha campaña que se celebrará neste venres e mañá de 21 de outubro. Trátase dunha iniciativa de dinamización que busca “poñer en valor a tradicional festa do Magosto e ofrecer aos clientes unha campaña atractiva”, tal e ocmo se indica o Barco Centro Comercial Aberto, que preside Jacobo Arias.

A campaña consiste, novamente, na instalación dunha locomotora de castañas asadas na praza do Concello do Barco, onde os clientes poderán intercambiar tíckets de compra dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis.

 

 

O Magosto Obarcoaberto do CCA O Barco celebrarase durante os seguintes días e horas:
Venres 20 de outubro, de 10:30 a 13:30 horas e de 18:30 horas a 20:30 horas
Sábado 21 de outubro, de 10:30 horas a 13:30 horas

“Os clientes só entregarán tíckets actuais, é dicir, de compras realizadas durante a celebración da campaña; e poderán presentar como máximo dous tickets ao día. As castañas para a celebración desta campaña foron doadas pola empresa valdeorresa Castañas Moral, a quen agradecemos a súa colaboración publicamente”, explican dende O Barco CCA.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button