Desde mañá 18 e ata o día 22 de xullo terán luar as festas na honra de Santa Mariña, en Ourense. Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comenzarán mañá e haberá pasarrúas coa charanga Caña Aquí e a presenza de Euphoria Disco Show o venres 19 e El Tattoo o sábado 20.
O domingo 21 o pasarrúas estará a cargo do grupo de gaitas Picafoles e a festa estará animada polo grupo Zona Zero. As festas rematarán o luns 22 cunha cea popular amenizada polo trío Vaivén.