OurenseÚltima hora

Comezan as obras de mellora do paseo fluvial do Arenteiro no Carballiño

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, comprobaron esta mañá o inicio das obras de acondicionamento do paseo fluvial e marxes do río Arenteiro no Carballiño (Ourense).

As obras do paseo consisten na substitución do pavimento de xabre actual por un novo a base de aripaq, resistente á erosión pola acción da auga, e na mellora da drenaxe e evacuación de augas pluviais nunha lonxitude de 2 Km, situados entre Rúa do Irixo e Rúa Astureses.

Ademais, o proxecto contempla a substitución da cuberta dun lavadoiro da Toscaña, adxacente ao paseo, así como a adecuación dun acceso existente desde o vial Rúa Río Miño e o acondicionamento dunha leira próxima para a futura instalación dun parque infantil.

Estas obras foron adxudicadas á empresa Orega, S.L. por importe de 325.163,77€, para ser executadas nun prazo máximo de 6 meses.

 

Artigos relacionados

Back to top button