ConcellosÚltima hora

Comezan as obras no sendeiro de Portomourisco (Petín)

Está incluído na Rede Natura 2000-ZEC, en pleno Macizo Central

 

Boa parte do municipio de Petín está incluído na Rede Natura 2000-ZEC en pleno Macizo Central ourensán. No caso concreto da localidade de Portomourismo, está xa en marcha o proxecto de sinalización e mellora do sendeiro á beira do río Xares.

“A intención é acondicionar a rasante da senda, colocar varanda de madeira e instalar paneis informativos sobre as diferentes especies de flora e fauna”, explica a alcaldesa de Petín Raquel Bautista, asegurando que o que se busca con esta actuación é “potenciar o uso deste sendeiro, e crear unha zona onde, dende o respecto á natureza, poidan desfrutar da mesma tanto os veciños como os visitantes e que as xeracións máis novas coñezan un espazo tan característico desta zona”. A obra levarase a cabo a través dunha subvención concedida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun importe total de 19.998,40 euros sen ive.

As obras comezaban na xornada do xoves 17 de decembro.

 

Un tramo do sendeiro de Portomourisco.

 

Fotos: Concello de Petín

Artigos relacionados

Back to top button