ConcellosO BarcoÚltima hora

Comezan os controis da Policía Local do Barco nos locais de hostalaría para comprobar as medidas sanitarias

Está previsto que se visiten máis de 70 establecementos para supervisar o cumprimento do Plan Hostalaría Segura

 

Nesta semana a Policía Local comezará a realizar visitas informativas e tamén controis nos diferentes establecementos de hostalaría do Barco co fin de comprobar que se están a cumprir as medidas sanitarias fronte ao Covid-19 neste sector e do protocolo do “Plan Hostalaría Segura”. En total está previsto que se visiten máis de 70 establecementos.

O Plan Hostalaría Segura recolle, para facilitar o cumprimento do aforo sanitario e garantir as distancias de seguridade, que os establecementos deberán ter montadas as cadeiras e mesas que se correspondan coa capacidade do local en condicións normais e indicar con bandas e adhesivos aquelas que non se poden ocupar, segundo as porcentaxes máximas permitidas.

Desta maneira a Policía Local vai supervisar o cumprimento da normativa sanitaria, en especial no control do aforo dos establecementos (un 50% en terraza e un 30% no exterior no caso do Barco nestes momentos), tamén nas distancias entre mesas, así como o feito de contar cun cartel visible no exterior dos establecementos que informe da capacidade máxima do local e o aforo, tanto no interior coma no exterior, segundo a normativa vixente (que será obrigatorio a partir do 12 de marzo). Así mesmo, os establecementos hostaleiros tamén deberán facilitar o acceso aos clientes do código QR para que estes poidan rexistrar a súa presenza (algo que tamén será obrigatorio dende o 12 de marzo).

Durante as visitas os axentes comprobarán o cumprimento do aforo permitido, os horarios de apertura e peche e que tanto clientes como empregados respectan as medidas de prevención ante o Covid-19 como a distancia de seguridade interpersoal e o uso obrigatorio de máscara. De non respectarse as medidas, procederán a tramitar a sanción correspondente.

Artigos relacionados

Back to top button