Cada ano é a vendima máis temperá de Valdeorras e neste 2021 non foi unha excepción. Na xornada deste 18 de agosto, cinco días máis tarde que no 2020, Manichy Trincado recollía a súa colleita de albillo (varidade de uva branca que se caracteriza por madurar moi cedo) das súas parras na zona de Pedrazais, na Rúa Vella.
Con respecto á cantidade, despois da baixada do ano pasado no que recollían apenas 4 cestos, nesta ocasión recuperaron a produción practicamente completa con case sete cestos de uvas ben maduriñas.
O inicio oficial da vendima en Valdeorras prevese para finais de agosto co que, novamente, Manichy adiántase un par de semanas o inicio xeral da campaña nesta comarca vitivinícola.
Fotos cedidas.