O CRDO Ribeiro organizará actividades ao longo dos dous meses nos que se poderá visitar en Ourense a mostra de pintura de Álex Vázquez Palacios
Ata o vindeiro 26 de outubro o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e algunhas das súas adegas organizarán actividades semanais paralelas no marco da mostra pictórica “… Como o aire se pinta a si mesmo” de Álex Vázquez Palacios, que estará exposta no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
O acto inaugural desta exposición está programado para o día 4 de setembro ás 20:15h. e alí darase a coñecer o programa de actos. Todos os xoves haberá catas, conferencias, concertos de música…Posteriormente darase un pequeno ágape con viño da D.O. Ribeiro e produto galego de calidade.