Benita Manso Feijoo, enfermeira pioneira da Unidade de Diálise Peritoneal do CHUO, xubilábase o venres 21 de febreiro despois de 44 anos de servizo.
Nada en Piñeira de Arcos, estudou enfermaría na 7ª promoción da Escola da Residencia Sanitaria de 1977 a 1980. O seu primeiro contrato como enfermeira tívoo en 1980 no Servizo de Hematoloxía. Conseguiu a Praza en propiedade en 1982 e no mes de xullo entrou na Unidade de Dialise do Servizo de Nefroloxía que tiña como xefe ao nefrólogo Domingo Sánchez Guisande.

En outubro de 1984 créase a Unidade de Diálise Peritoneal do CHUO co nefrólogo Alfonso Otero González e ela é a enfermeira desde entón. O perfil dos pacientes de diálise peritoneal nos anos oitenta era dun home, do rural e que soportaban uns procedementos moi pesados e laboriosos.
En 1985 desenvolveu a responsabilidade de supervisora da Unidade de Diálise ata 1987. En 1987 empézase a dializar aos pacientes de Valdeorras na nova Unidade de Diálise recentemente creada e Beni foi a encargada da formación desas enfermeiras.
En total 48 anos vencellada á sanidade ourensá e máis de 44 anos no Servizo de Nefroloxía.
Fotos cedidas.



