DeportesKárateÚltima hora

Completa e positiva fin de semana para os pequenos karatekas do River Stone (O Barco)

Participaban na primeira fase da Liga Nacional Infantil de Karate celebrada en Pontevedra

 

Gañar experiencia nunha competición nacional. Ese era o principal obxectivo co que os nenos do KC River Stone do Barco participaban esta fin de semana na primeira fase da Liga Nacional Infantil de Karate celebrada en Pontevedra, e lográbano con creces.

En total eran nove os karatakas valdeorreses os que participaban neste campionato e non subiron ao podio, pero si fixeron un bo traballo cunhas sensacións moi positivas tanto para eles como para o club.

 

Enzo durante a competición.

 

Onte competían Nazan Barreda, Héctor Amaro, David Fernández, Diego Prada e Brian Rodríguez en Kata Infantil Masculino; e Hugo Álvarez e Enzo Prieto en Kata Xuvenil Masculino. O nivel era moi alto en todas as categorías enfrontándose a karatekas de toda España e así e todo, Nazan pasaba a primeira rolda quedando por décimas ás portas doss 8 mellores. “Tamén Diego pasou a primeira rolda e o resto fixérono moi ben pero non é doado”, aseguran dende o club, orgullosos dos seus nenos.

 

Diego e Abdón (Coach).

 

O turno para as nenas Aina Moral e Cloe Yáñez en Kata Infantil Feminina, chegaba hoxe competindo xa de boa mañá e tampouco elas facían podio. Así e todo o seu adestrador, Nicolas Rodríguez, está moi contento con elas e satisfeito do traballo que levan feito ata agora. “Esta cita nacional serviu para gañar experiencia e pisar tatami nun ano no que a competición estivo tan restrinxida polo que as nenas están contentas”, conclúen dende o River Stone.

 

Aina e Cloe.

 

Fotos: RFEK e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button