PolíticaÚltima hora

Comunicado do PP do Bolo para valorar o anuncio da construción dunha nova ponte en Barxa

O Partido Popular de O Bolo vén de emitir unha comunicado con relación á recente sinatura dun convenio entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello do Bolo para a reparación da ponte de Barxa. Os populares din no seu texto que se alegran dese anuncio de construción dunha nova ponte, pero tamén indican que “non cremos que sexa a mellor solución para o noso Concello. O señor alcalde, non pasou por ningunha dependencia da Deputación nin da Xunta a pedir colaboración para a construción da ponte. Unicamente cando si que se lle concedeu o proxecto valorado en 8 mil euros cando se presentou o presidente da Deputación aos diferentes alcaldes da contorna na nova sede comarcal da Deputación”.

Así mesmo o PP do Bolo lembra unha reunión en setembro de 2021 entre o alcalde daquela, o popular Manuel Corzo, co presidente da Xunta para buscar solucións. “Chegárase o acordo de construír una nova infraestrutura que a Administración autonómica previa financiar o 50%, a Deputación de Ourense o 25% e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil o 25% restante, o que supoñía un custo de cero euros para o Concello, negándose a Confederación ao dito acordo, limitándose a ofrecer a súa axuda a “Xestións administrativas”.

Por outra banda, os populares do Bolo tamén aseguran que o presidente da CHMS, “negouse nesa dirección a colaborar na comisión creada para a reconstrución. Dita comisión foi creada a petición do PSOE na Deputación de Ourense debido á inhabilidade deste Concello o non contar do apoio da CHMS”.

E inciden os populares en que esta obra vai supoñer “uns 132.000€ das arcas municipais. Este custo vaise ver reflectido negativamente en todos os boleses e bolesas dado que esta decisión quita gran parte do orzamento total e non dará lugar algún a realizar outras obras de importancia no municipio”.

Back to top button