Arredor das once da pasada noite o recinto da XXIV Feira do Viño de Valdeorras, na praza de Viloira (O Barco), enchíase co ritmo do grupo En Mala Hora, que facía bailar e cantar ao numeroso público presente interpretando coñecidos temas de décadas como os anos 80 e 90.
A medianoite ían pechando as casetas, e era a música que poñía fin a unha intensa e concorrida xornada do 8 de xullo nesta mostra valdeorresa.
Fotos: A.R.